Datos da asociación

Mi foto
Correo-e: pormaisvida2011@gmail.com Telf: 650 812 030

lunes, 28 de mayo de 2012

Andaina do 4º aniversario

O vindeiro domingo 17 de xuño celebraremos a xa tradicional Andaina polo concello de Fene. Será unha magnífica oportunidade de compartir unha xornada de convivencia, así como amosar as ventaxes de levar unha vida sana, co exercicio como ferramenta de mellora da calidade de vida.

Ademais, poderemos colaborar cos nenos doentes de cancro, para que reciban unha mellor atención.





VEN ANDAR CON NÓS. POR TI, POR ELES. AGARDÁMOSTE!

lunes, 23 de abril de 2012

Grupos de Educación Física contra a fatiga oncolóxica



Como sabedes temos grupos de educación física para persoas con enfermidades oncolóxicas que leva José Barcia, nunha tarefa de gran utilidade para a mellora da calidade de vida.

Hay grupos en varias localidades onde estaremos encantados de contar coa vosa presenza.


Así, en FENE, hay un grupo os luns e venres de 10 a 11:30. Tamén podedes participar en clases de pilates eses mesmos días pero pola tarde, de 17 a 17:45. Na concellería de cultura e deportes do Concello de Fene ou no pavillón de A Xunqueira vos informarán.

En NARÓN, as actividades son os martes (de 17 a 18h) e os xoves (de 16 a 17h), e podedes contactar acudindo persoalmente á delegación de Ferrol da AECC.

En ARES, os xoves de 18:30 a 19:30, no pavillón municipal. A información está á vosa disposición na concellería de Servizos Sociais do Concello.

En calquera caso, se tedes dúbidas ou precisades maior información, podedes contactar directamente con José Barcia na dirección de correo electrónica kinesalus@gmail.com


A educación física é unha forma estupenda de mellorar a calidade de vida ademais de ser unha oportunidade para compartir un tempo en común.

ANÍMATE E PONTE EN FORMA CON NOS!

viernes, 9 de marzo de 2012

Os amosamos un vídeo con fotos do segundo aniversario do noso programa de Educación Física para a Fatiga Oncolóxica.

¡Agardamos que vos guste!



Moitas gracias e un saúdo.

domingo, 19 de febrero de 2012

Charla o 2 de marzo

O próximo 2 de marzo, na Casa da Cultura de Fene se celebrará unha charla sobre "Intervenciones para mejorar la calidad de vida de las personas afectadas por cáncer".

Será a partires das 18:30, e intervendrán:

Salvador Ramos Rey (director médico do Balneario de Guitiriz),

Brenda Colares Coimbra (fisioterapeuta do Centro Sanitario Loida),

José A. Barcia Tuccelli ( licenciado en CC. da A.F. e do deporte, responsable do programa de educación física para persoas efectadas por cancro).

Ó remate do acto haberá unha mesa redonda onde poderá participar o público asistente.

Agradecemos a colaboración do Concello de Fene e o Centro Kine Salus.

martes, 15 de noviembre de 2011

Os nosos manifestos

Pinchando nas imaxes poderedes leer os manifestos que presentamos nos dous primeiros aniversarios da nosa asociación.

Unha forte aperta e gracias!








domingo, 13 de noviembre de 2011

LOTERÍA DE NADAL

Podedes adquirir as participacións do número da lotería nacional de Nadal que xoga a nosa Asociación poñendovos en contacto con nós mediante o correo electrónico pormaisvida2011@gmail.com ou chamando ó teléfono 639 788 038.



MOITA SORTE!!

lunes, 31 de octubre de 2011

PROGRAMA: EDUCACIÓN FÍSICA CONTRA A FATIGA ONCOLÓXICA

Este programa nace co obxectivo de acompañar á persoa con cancro no seu camiño de afrontamento da enfermidade, aportándolle ferramentas que desexan manter, na medida do posible, os niveis de calidade de vida que disfrutaba antes de ser diagnosticado de cancro.

O exercicio físico é un dos pilares "non médicos" sobre os que asentar este proceso de recuperación, tanto física como psicolóxica, da persoa con cancro, sempre da man e coa intervención terapéutica propia do sistema sanitario.

A educación física, a fisioterapia, a educación nutricional e en alimentación, a psicoloxía, a oferta en ocio e entretenemento, a educación para a saúde e outros moitos máis, son servizos que deben ser considerados parte indispensable do proceso de afrontamento e curación da persoa con cancro e o seu entorno familiar. Sería desexable que estes servizos se atoparan dentro das posibilidades de toda persoa que deba enfrontarse a este reto de superación tan presente nas nosas sociedades.

Por iso, dende o programa "Educación física contra a fatiga oncolóxica", enorgullecémonos ó dicir que temos acompañado a moitas persoas extraordinarias e ás súas familias en momentos difíciles das súas vidas, e que agora decidiron dar un paso adiante creando a "Asociación por+vida".

PRESENTACIÓN

Na asociación POR+VIDA somos un grupo de persoas cunha inquietude común:

Afrontar o cancro de xeito activo e positivo.

Decidimos asociarnos para levar a cabo diferentes iniciativas neste ámbito, e nestes momentos estamos cos trámites para formar unha asociación a nivel legal.

Con esta asociación intentaremos humildemente ofrecer apoio a outros afectados de cancro e ás súas familias.

Se coñeces a alguén interesado, por favor, faille chegar este blog e se ti estás interesado no proxecto, non o dubides ¡CONTACTA CONNOSCO!

Agradecemos a túa axuda así como calquera suxestión que poidas facer para a mellora do proxecto.

COA TÚA COLABORACIÓN SEGUIREMOS TRABALLANDO
POR+VIDA