Datos da asociación

Mi foto
Correo-e: pormaisvida2011@gmail.com Telf: 650 812 030
Mostrando entradas con la etiqueta Fatiga oncolóxica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fatiga oncolóxica. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de abril de 2012

Grupos de Educación Física contra a fatiga oncolóxica



Como sabedes temos grupos de educación física para persoas con enfermidades oncolóxicas que leva José Barcia, nunha tarefa de gran utilidade para a mellora da calidade de vida.

Hay grupos en varias localidades onde estaremos encantados de contar coa vosa presenza.


Así, en FENE, hay un grupo os luns e venres de 10 a 11:30. Tamén podedes participar en clases de pilates eses mesmos días pero pola tarde, de 17 a 17:45. Na concellería de cultura e deportes do Concello de Fene ou no pavillón de A Xunqueira vos informarán.

En NARÓN, as actividades son os martes (de 17 a 18h) e os xoves (de 16 a 17h), e podedes contactar acudindo persoalmente á delegación de Ferrol da AECC.

En ARES, os xoves de 18:30 a 19:30, no pavillón municipal. A información está á vosa disposición na concellería de Servizos Sociais do Concello.

En calquera caso, se tedes dúbidas ou precisades maior información, podedes contactar directamente con José Barcia na dirección de correo electrónica kinesalus@gmail.com


A educación física é unha forma estupenda de mellorar a calidade de vida ademais de ser unha oportunidade para compartir un tempo en común.

ANÍMATE E PONTE EN FORMA CON NOS!

viernes, 9 de marzo de 2012

Os amosamos un vídeo con fotos do segundo aniversario do noso programa de Educación Física para a Fatiga Oncolóxica.

¡Agardamos que vos guste!



Moitas gracias e un saúdo.

lunes, 31 de octubre de 2011

PROGRAMA: EDUCACIÓN FÍSICA CONTRA A FATIGA ONCOLÓXICA

Este programa nace co obxectivo de acompañar á persoa con cancro no seu camiño de afrontamento da enfermidade, aportándolle ferramentas que desexan manter, na medida do posible, os niveis de calidade de vida que disfrutaba antes de ser diagnosticado de cancro.

O exercicio físico é un dos pilares "non médicos" sobre os que asentar este proceso de recuperación, tanto física como psicolóxica, da persoa con cancro, sempre da man e coa intervención terapéutica propia do sistema sanitario.

A educación física, a fisioterapia, a educación nutricional e en alimentación, a psicoloxía, a oferta en ocio e entretenemento, a educación para a saúde e outros moitos máis, son servizos que deben ser considerados parte indispensable do proceso de afrontamento e curación da persoa con cancro e o seu entorno familiar. Sería desexable que estes servizos se atoparan dentro das posibilidades de toda persoa que deba enfrontarse a este reto de superación tan presente nas nosas sociedades.

Por iso, dende o programa "Educación física contra a fatiga oncolóxica", enorgullecémonos ó dicir que temos acompañado a moitas persoas extraordinarias e ás súas familias en momentos difíciles das súas vidas, e que agora decidiron dar un paso adiante creando a "Asociación por+vida".