Este programa nace co obxectivo de acompañar á persoa con cancro no seu camiño de afrontamento da enfermidade, aportándolle ferramentas que desexan manter, na medida do posible, os niveis de calidade de vida que disfrutaba antes de ser diagnosticado de cancro.
O exercicio físico é un dos pilares "non médicos" sobre os que asentar este proceso de recuperación, tanto física como psicolóxica, da persoa con cancro, sempre da man e coa intervención terapéutica propia do sistema sanitario.
A educación física, a fisioterapia, a educación nutricional e en alimentación, a psicoloxía, a oferta en ocio e entretenemento, a educación para a saúde e outros moitos máis, son servizos que deben ser considerados parte indispensable do proceso de afrontamento e curación da persoa con cancro e o seu entorno familiar. Sería desexable que estes servizos se atoparan dentro das posibilidades de toda persoa que deba enfrontarse a este reto de superación tan presente nas nosas sociedades.
Por iso, dende o programa "Educación física contra a fatiga oncolóxica", enorgullecémonos ó dicir que temos acompañado a moitas persoas extraordinarias e ás súas familias en momentos difíciles das súas vidas, e que agora decidiron dar un paso adiante creando a "Asociación por+vida".
No hay comentarios:
Publicar un comentario