Participación na 7ª edición da Carreira da Muller
de A Coruña 2019
A nosa asociación ven de participar o 22 setembro, na cidade herculina na 7º edición da Carreira da Muller sendo tamén a nosa sétima participación.
Contamos coa colaboración do concello de Fene, como ven sendo dende os últimos seis anos con dous autobuses para o desprazamento para a carreira.
O percorrido de 6,5 km saíu ao carón do estadio de Riazor ata pasar a Torre de Hércules e regresar ao sitio de comezo da carreira. Foi seguido dun festival de aerobic para deixar os trofeos ao final desta xornada.
Dicir que a nosa asociación, veterana en participación e nos premios tamén, non veu de balde pois recolle o primeiro premio á participante máis veterana (modalidade por riba dos 72 anos) Josefa Freire de 83 anos, veciña de Valdoviño que curiosamente xa gañara no ano 2013 na 1ª edición da carreira en A Coruña. E o segundo trofeo foi como segunda asociación con máis mulleres participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario