Andaina 2019
Hoxe tivo lugar a nosa Andaina nº 10 que celebraba o 11º Aniversario do inicio no concello de Fene do programa pioneiro de Educación Física contra a Fatiga Oncolóxica.
Hoxe houbo varias sorpresas e agasallos para a xente que participou nesta xornada. Celebrouse na praza Alcalde Ramón Souto (xunto a casa do concello de Fene) como en edicións anteriores.
Hoxe houbo varias sorpresas e agasallos para a xente que participou nesta xornada. Celebrouse na praza Alcalde Ramón Souto (xunto a casa do concello de Fene) como en edicións anteriores.
O acto foi presentado polo xenial Dani Ríos, gran profesional, dando comezo coa recollida dos dorsais sobre as 10 horas e a saída tivo lugar pasadas as 10.30 horas da mañá. O roteiro era circular polas parroquias de Perlío e Fene, doada para todo tipo de asistentes. Logo da chegada deuse comezo aos xogos para nenas e nenos de 3 a 6 anos, neste caso este ano eliximos a xincana.
Ao remate do tempo adicado aos máis pequenos pasamos a lectura do manifesto que foi lido por Olalla Sas Cruz, un exemplo de entereza, moi vencellada a nosa asociación, unha muller moi nova e valente.
Despois demos paso ao sorteos onde resultaron moitos dos presentes agraciados e rematamos co baile grupal final.
E este ano volvemos a donar todo o recadado a proxectos de investigación á Fundación Ramón Domínguez para o grupo IDIS de Xenética que traballa na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para proxectos de investigación de mediciña xenética.
Rematouse sobre as 13 horas tal e como estaba programado.
Queremos dar as grazas por medio dos medios de comunicación a toda a xente que colabora con ista asociacón e outras para intentar apoiar a todas as persoas que pasaron e pasan por temas vencellados e enfermidade do cancro e a difundir información para mellorar a calidade de vida das personas enfermas e tamén dan apoio aos familiares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario