Datos da asociación
miércoles, 20 de octubre de 2021
POR+VIDA homenaxeou o venres 25 de outubro ás 18. 30 horas no salón de actos da Casa da Cultura
á nosa socia de máis idade: Josefa Freire Díaz.
Participación na 7ª edición da Carreira da Muller
de A Coruña 2019
Andaina 2019
Hoxe houbo varias sorpresas e agasallos para a xente que participou nesta xornada. Celebrouse na praza Alcalde Ramón Souto (xunto a casa do concello de Fene) como en edicións anteriores.
O acto foi presentado polo xenial Dani Ríos, gran profesional, dando comezo coa recollida dos dorsais sobre as 10 horas e a saída tivo lugar pasadas as 10.30 horas da mañá. O roteiro era circular polas parroquias de Perlío e Fene, doada para todo tipo de asistentes. Logo da chegada deuse comezo aos xogos para nenas e nenos de 3 a 6 anos, neste caso este ano eliximos a xincana.
Ao remate do tempo adicado aos máis pequenos pasamos a lectura do manifesto que foi lido por Olalla Sas Cruz, un exemplo de entereza, moi vencellada a nosa asociación, unha muller moi nova e valente.
Despois demos paso ao sorteos onde resultaron moitos dos presentes agraciados e rematamos co baile grupal final.
E este ano volvemos a donar todo o recadado a proxectos de investigación á Fundación Ramón Domínguez para o grupo IDIS de Xenética que traballa na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para proxectos de investigación de mediciña xenética.
Participación na 6ª edición da
Carreira da Muller en A Coruña o 16-09-2018
A Asociación Oncohematolóxica de Fene POR+VIDA ven de acadar 2 premios na 6ª Edición da Carreira da Muller celebrada na cidade de A Coruña.
Andaina o 17 de xuño de 2018
para celebrar o 10º Aniverario do Comezo do Programa de Eduación Oncolóxica no concello de Fene a cargo de José Barcia Tuccelli. Dito programa segue a impartirse no pavillón de San Valentín.
E toda a xornada estivo amenizado polo bo facer de Dani Ríos e o seu equipo de LucusNeda Servizos.
Ao comezo do acto físoxe mención, nunha pequena homenaxe, as pioneiras deste programa en Fene, coa lectura dos nomes da xente que participou dun xeito activo tanto no programa de educación física como no inicio e organización da andaina e dalgunhas delas xa non podemos gozar da súa boa compaña. Despois desta lectura o público asistente rompeu nun sonoro e emotivo aplauso.
O grupo principal desta asociación quixo dar unha sorpresa ao subir á pasarela que se atopaba na praza para bailar e dar grazas á vida e a forza diaria de superación da enfermidade, reivindicando a gran presenza feminina nestas loitas onde se bota de menos aos homes que nestas situacións non son tan visibles.
O recadado irá para os Proxectos de investigación de Medicina Xenética, é dicir, á Fundación Ramón Domínguez para o grupo IDIS de Xenética que traballa na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. Non será a primeira vez que se doan cartos a este organismo pois tanto no ano 2017 e 2018 POR+VIDA deu dúas aportacións importantes, de 4000 € cada unha.
Tivemos como mestre de cerimonias ao xornalista da TVG, Alfonso Hermida, que participou na andaina e leu o manifesto deste ano.