Datos da asociación

Mi foto
Correo-e: pormaisvida2011@gmail.com Telf: 650 812 030

miércoles, 20 de octubre de 2021


 


Camiño inglés do camiño de Santiago, iniciado o 29 de maio de 2021 dende o porto de Curuxeiras en Ferrol ata o Obradoiro e a catedral de Compostela. Foi realizado por etapas e rematado en agosto de 2021.


Por mor da pandemia do COVID-19 non se puido celebrar
a Andaina correspondente do ano 2020 e lanzamos dende as redes sociais
a andaina virtual, cada persoa que a fixera a título individual ou acompañado doutra persoa, ao non poder celebrarse do xeito tradicional.



 

Cea e baile solidario para o proxecto "RESPIRO DE VIDA" o 7 de marzo de 2019,
celebrado no restaurante Mundial de Perlío (Fene)


  Participación no Congreso de Gepac en novembro 2019 en Madrid.

  (23-11-2021)


 

Participación no mercadiño de Perlío-Fene o 22 de decembro de 2019





 POR+VIDA homenaxeou o venres 25 de outubro ás 18. 30 horas no salón de actos da Casa da Cultura
 á nosa socia de máis idade: Josefa Freire Díaz. 


Josefa foi sempre unha colaboradora moi activa nas nosas actividades e gañadora na 1ª e na recente 7ª edición  Carreira da Muller de A Coruña como participante de maior idade. Tamén quixemos agasallar a Paulina Romero ao ser tamén premiada nunhas das nosas participacións da Carreira na mesma categoría.

No acto tamén contamos coa actuación musical do grupo Los Primerizos.




Participación na 7ª edición da Carreira da Muller 
de A Coruña 2019

A nosa asociación ven de participar o 22 setembro, na cidade herculina na 7º edición da Carreira da Muller sendo tamén a nosa sétima participación.
Contamos coa colaboración do concello de Fene, como ven sendo dende os últimos seis anos con dous autobuses para o desprazamento para a carreira.

O percorrido  de 6,5 km saíu ao carón do estadio de Riazor ata pasar a Torre de Hércules e regresar ao sitio de comezo da carreira. Foi seguido dun festival de aerobic para deixar os trofeos ao final desta xornada.

Dicir que a nosa asociación, veterana en participación e nos premios tamén, non veu de balde pois recolle o primeiro premio á participante máis veterana (modalidade por riba dos 72 anos) Josefa Freire de 83 anos, veciña de Valdoviño que curiosamente xa gañara no ano 2013 na 1ª edición da carreira en A Coruña. E o segundo trofeo foi como segunda asociación con máis mulleres participantes.





Andaina 2019

Hoxe tivo lugar a nosa Andaina nº 10 que celebraba o 11º Aniversario do inicio no concello de Fene do programa pioneiro de Educación Física contra a Fatiga Oncolóxica.
Hoxe houbo varias sorpresas e agasallos para a xente que participou nesta xornada. Celebrouse  na praza Alcalde Ramón Souto (xunto a casa do concello de Fene) como en edicións anteriores.

O acto foi presentado polo xenial Dani Ríos, gran profesional, dando comezo coa recollida dos dorsais sobre as 10 horas e a saída tivo lugar pasadas as 10.30 horas da mañá. O roteiro era circular polas parroquias de Perlío e Fene, doada para todo tipo de asistentes. Logo da chegada deuse comezo aos xogos para nenas e nenos de 3 a 6 anos, neste caso este ano eliximos a xincana. 

Ao remate do tempo adicado aos máis pequenos pasamos a lectura do manifesto que foi lido por Olalla Sas Cruz, un exemplo de entereza, moi vencellada a nosa asociación, unha muller moi nova e valente.
Despois demos paso ao sorteos onde resultaron moitos dos presentes agraciados e rematamos co baile grupal final.

E este ano volvemos a donar todo o recadado a proxectos de investigación á Fundación Ramón Domínguez para o grupo IDIS de Xenética que traballa na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para 
proxectos de investigación de mediciña xenética.
Rematouse sobre as 13 horas tal e como estaba programado.

Queremos dar as grazas por medio dos medios de comunicación a toda a xente que colabora con ista asociacón e outras para intentar apoiar a todas as persoas que pasaron e pasan por temas vencellados e enfermidade do cancro e a difundir información para mellorar a calidade de vida das personas enfermas e tamén dan apoio aos familiares.


 


 


Asistimos como asociación ao I Congreso de Persoas con Cancro organizado en Palexco en A Coruña o 26 de abril de 2019


 


Participación na Xuntanza de Palilleiras celebrada no pavillón de San Valentín - Fene o 27 de abril de 2019


 


Visita ao CHUS (Centro Hositalario Universitario de Santiago de Compostela)
da man prestixioso doutro e investigador Ángel Carracedo o 19 de xaneiro de 2019.

Por+Vida fixo 2 doazóns para investigación en mediciña xenómica.




 Participación no mercadiño en Perlío en decembro de 2018

 



 
Participación na Carreira organizada por Asotrame no concello de Narón o 23-09-2018


Participación na 6ª edición da 

Carreira da Muller en A Coruña o 16-09-2018

A Asociación Oncohematolóxica de Fene POR+VIDA ven de acadar 2 premios na 6ª Edición da Carreira da Muller celebrada na cidade de A Coruña.


POR+ VIDA leva participando seis veces, as mesmas edicións que se levan celebrando  na cidade herculina.
Engadir que son 5 anos de colaboración coa concellaría de Benestar Social e Igualdade de Fene, poñendo a disposición 2 autobuses dende Fene para as participantes desta asociación.
Este ano o percorrido foi o mesmo do ano pasado, con saída e chegada á meta aos pés do estadio de Riazor, na avda. Bos Aires, ata a altura da Torre de Hércules, de algo máis de 6 km.

O total de participantes con ista asociación foi de 151 mulleres, sendo a máis nova de 12 anos ata 82 da participante máis veterana (que levou premio no ano 2013 como a muller con mellor tempo de chegada con maior idade)

Os premios foron os seguintes:
- Primeiro premio como asociación con máis participantes que chegasen á meta (dentro do tempo establecido por reglamento da carreira).
- Terceiro premio como asociación con mellor tempo de chegada.

Charla da oncóloga Laura M. de Paz  o 31-05-2018

Celebrada no salón de actos da Casa da Cultura de Fene




Andaina o 17 de xuño de 2018 

para celebrar o 10º Aniverario do Comezo do Programa de Eduación Oncolóxica no concello de Fene a cargo de José Barcia Tuccelli. Dito programa segue a impartirse no pavillón de San Valentín.

E toda a xornada estivo amenizado polo bo facer de Dani Ríos e o seu equipo de LucusNeda Servizos.
Ao comezo do acto físoxe mención, nunha pequena homenaxe, as pioneiras deste programa en Fene, coa lectura dos nomes da xente que participou dun xeito activo tanto no programa de educación física como no inicio e organización da andaina e dalgunhas delas xa non podemos  gozar da súa boa compaña. Despois desta lectura o público asistente rompeu nun sonoro e emotivo aplauso.
 
O grupo principal desta asociación quixo dar unha sorpresa ao subir á pasarela que se atopaba na praza para bailar e dar grazas á vida e a forza diaria de superación da enfermidade, reivindicando a gran presenza feminina nestas loitas onde se bota de menos aos homes que nestas situacións non son tan visibles.
O recadado irá para os Proxectos de investigación de Medicina Xenética, é dicir, á Fundación Ramón Domínguez para o grupo IDIS de Xenética que traballa na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. Non será a primeira vez que se doan cartos a este organismo pois tanto no ano 2017 e 2018 POR+VIDA deu dúas aportacións importantes, de 4000 € cada unha.

Tivemos como mestre de cerimonias ao xornalista da TVG, Alfonso Hermida, que participou na andaina e leu o manifesto deste ano.