Martes 20 de Xuño, ás 19:00 h - Salón de Actos da Casa da Cultura
CONCELLO DE FENE
A Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, en colaboración coa Asociación Por +Vida organizaron unha charla-coloquio sobre "Testamento Vital e Lei de Morte Digna" impartida por Emilia Irimia, presidenta da Asociación Dereito a Morir Dignamente de Galicia (DMD)
A Concellaría de Benestar Social e Igualdade coa colaboración da Asociación Oncohematolóxica Por +Vida a través da asociación DMD Galicia, invitou a todas as persoas interesadas a participar na charla-coloquio na que se pretendeu informar e promover o dereito de toda persoa a dispoñer con liberdade do seu corpo e da súa vida e a elixir libre e legalmente o momento e os medios para finalizala. Do mesmo xeito, quíxose apoiar a defensa, de xeito especial, do dereito das persoas enfermas terminais e irreversibles a morrer sen sufrimentos, se este é o seu desexo expreso.
No acto, a presidenta galega da DMD, Emilia Irimia, falou da Lei de Morte Digna, do Testamento Vital, de cómo facer para formalizar a nosa vontade de xeito legal, do rexistro galego... e de todo o referente ao tema obxecto da charla. Esta foi informativa e eminentemente participativa, xa que se abríu un espazo para que as persoas asistentes podidesen preguntar e informarse de cuestións máis detalladas ao respecto.
A charla foi impartida de xeito gratuíto pola asociación DMD Galicia que á súa vez entregou ao público asistente material con información detallada do tema abordado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario