A Asociación Oncohematolóxica de Fene POR+VIDA acadou 2 premios na última edición desta carreira na cidade herculina.
POR+ VIDA leva participando cinco veces, as mesmas edicións que se levan celebrando na cidade herculina.
Engadir que son 4 anos de colaboración coa concellaría de Benestar Social e Igualdade de Fene.
Este ano o percorrido foi o mesmo do ano pasado, con saída e chegada á meta aos pés do estadio de Riazor, na avda. Bos Aires, ata a altura da Torre de Hércules, duns 6 km aproximadamente,
O total de participantes con ista asociación foi de 173 mulleres.
Os premios son os seguintes:
- Primeiro premio como asociación con máis participantes que chegasen á meta.
- Segundo premio como asociación con mellor tempo de chegada.
Repetimos o mesmo pálmares do ano pasado. Este colectivo sempre acadou premios nas edicións anteriores, onde tamén destacamos que en dúas edicións tamén tivemos o premio á participante con mellor tempo de chegada de máis idade. Este ano as idades das nosas participantes foron dende os 12 anos ata os 81 da máis vetererana (que levou na 1º edición do 2013 o premio xa comentado con anterioridade).
No hay comentarios:
Publicar un comentario