Datos da asociación

Mi foto
Correo-e: pormaisvida2011@gmail.com Telf: 650 812 030

domingo, 22 de abril de 2018

Gala  para recadar cartos para a Biopsia Líquida

Colaboramos na Gala celebrada  sábado 14 de abril  para recadar cartos para a biopsia líquida (investigación para curar o cancro) que tivo lugar no CMI de Fene. Contouse coa axuda de Dani Ríos como mestre de cerimonias. 
Por+Vida apoiou esta iniciativa xurdida dun grupo de personas de Fene.







miércoles, 3 de enero de 2018

A CARREIRA DA MULLER na cidade de A CORUÑA O 17 SETEMBRO DE 2017


A Asociación Oncohematolóxica de Fene POR+VIDA acadou 2 premios na última edición desta carreira na cidade herculina.









POR+ VIDA leva participando cinco veces, as mesmas edicións que se levan celebrando  na cidade herculina.
Engadir que son 4 anos de colaboración coa concellaría de Benestar Social e Igualdade de Fene.
Este ano o percorrido foi o mesmo do ano pasado, con saída e chegada á meta aos pés do estadio de Riazor, na avda. Bos Aires, ata a altura da Torre de Hércules, duns 6 km aproximadamente, 

O total de participantes con ista asociación foi de 173 mulleres.

Os premios son os seguintes:
- Primeiro premio como asociación con máis participantes que chegasen á meta.
- Segundo premio como asociación con mellor tempo de chegada.

Repetimos o mesmo pálmares do ano pasado. Este colectivo sempre acadou premios nas edicións anteriores, onde tamén destacamos que en dúas edicións tamén tivemos o premio á participante con mellor tempo de chegada de máis idade. Este ano as idades das nosas participantes foron dende os 12 anos ata os 81 da máis vetererana (que levou na 1º edición do 2013 o premio xa comentado con anterioridade).

Charla - Coloquio TESTAMENTO VITAL E LEI DE MORTE DIGNA


Martes 20 de Xuño, ás 19:00 h - Salón de Actos da Casa da Cultura
CONCELLO DE FENE
A Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, en colaboración coa Asociación Por +Vida organizaron unha charla-coloquio sobre "Testamento Vital e Lei de Morte Digna" impartida por Emilia Irimia, presidenta da Asociación Dereito a Morir Dignamente de Galicia (DMD)
A Concellaría de Benestar Social e Igualdade coa colaboración da Asociación Oncohematolóxica Por +Vida a través da asociación DMD Galicia, invitou a todas as persoas interesadas a participar na charla-coloquio na que se pretendeu informar e promover o dereito de toda persoa a dispoñer con liberdade do seu corpo e da súa vida e a elixir libre e legalmente o momento e os medios para finalizala. Do mesmo xeito, quíxose apoiar a defensa, de xeito especial, do dereito das persoas enfermas terminais e irreversibles a morrer sen sufrimentos, se este é o seu desexo expreso.
No acto, a presidenta galega da DMD, Emilia Irimia, falou da Lei de Morte Digna, do Testamento Vital, de cómo facer para formalizar a nosa vontade de xeito legal, do rexistro galego... e de todo o referente ao tema obxecto da charla. Esta foi informativa e eminentemente participativa, xa que se abríu un espazo para que as persoas asistentes podidesen preguntar e informarse de cuestións máis detalladas ao respecto.
A charla foi impartida de xeito gratuíto pola asociación DMD Galicia que á súa vez entregou ao público asistente material con información detallada do tema abordado.

Andaina 2017

















O percorrido da Andaina, onde contamos coa presenza dunhas 300 persoas, foi semellante a edicións pasadas, polas terras das parroquias de Fene e Perlío, nun percorrido dunha hora de duración, apto para todas as idades. Ao chegar de novo á praza desenvolvéronse as carreiras e xogos para as nenas e nenos de 3 a 6 anos. A continuación contamos coas actuacións das alumnas do Clube Ximnasia Ferrolterra, que están a colleitar premios e recoñecementos a súa labor artística.
Volvemos a pedir a Elisa Piñón Hermida a tarefa de facer o manifesto deste ano onde reivindicamos a labor fundamental da investigación e do traballo das persoas profesionais para descobrer e mellorar a curación do cancro e da necesidade urxente de moita máis aportación económica financiada polos gobernos que moitas veces fan pequenos colectivos, achegas a título individual. Queremos evitar a chamada "fuga de cerebros".

Os cartos recadados nesta xornada irán para  a nena Helena Fernández Grandal, desta comarca.

Houbo sorteo de produtos para a protección da pel frente ao sol agora que comeza a maior exposición exterior no verán.
Tamén anunciamos a participación na Carreira da Muller prevista para o 17 de setembro na cidade de a Coruña para todas as mulleres do concello que queiran anotarse.
Rematamos o acto coa solta de globos, repetíndose en varias das  edicións anteriores.