Participamos por 3ª vez na Carreira da Muller
que tivo lugar o domingo 20 de setembro ás 10 h.na cidade de A Coruña.
POR+VIDA xunto coa A CONCELLARÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE de Fene
organizaron por 2º ano consecutivo a viaxe e a inscripción para participar na 3ª Edición da Carreira da Muller
Evento de carácter deportivo e lúdico que se celebra para apoiar a loita contra o cancro de mama.
Podían participar mulleres a partir de 12 anos de idade.
Se puxeron outra vez 2 buses gratuítos até completar prazas. Esta ano esgotáronse as prazas a comezos de setembro.
Este ano o noso palmares foi o seguinte:
- 1º Premio a Corredora Veterana D (de 75 anos en diante)
- 1º premio como asociación con máis participantes
- 3º premio como asociación con mellor tempo de chegada

Queremos tamén comentar, ante a polémica xurdida este ano, que esto non é unha carreira simplemente, é unha xornada lúdica.
Desexaríamos que a información por parte da organización fose máis detallada como da cantidade de cartos destinados a investigación do cancro de mama que recibe a AECC. Nos últimos tempos se criticou esto e aumentaron o diñeiro para este fin, que aínda é insuficiente. Todas e todos podemos contribuír a mellorar as cousas dende unha reclamación e a crítica constructiva, sen inventar ou deixarnos levar por unha bola que creceu nos últimos días, criticar sen información precisa.
O da cor rosa é por unha cuestión de identidade a una lazo rosa que simboliza a loita contra o cancro, só eso, non é a nosa cor preferida pero é unha cor máis no arco da vella.
O da maquillaxe, dende a nosa experiencia non é só unha cuestión estética senón terapeútica, sobre todo nas enfermas e enfermos de cancro.
O feito de que corran só mulleres pensamos que debería abrirse a todo o público en xeral, a partir dunha idade idónea para participar, pois os homes, cunha porcentaxe máis reducida, tamén padecen cancro de mama.
Da camiseta "regalada" por un imperio textil que coñecemos, debería ser óptima para a carreira, correndo ou andando, transpirable, e que se fixese con man de obra debidamente remunerada e nas mellores condicións de traballo...
E non nos gusta o das revistas....agardamos que en futuras edicións se hai pequenos agasallos sexan relacionados coa saúde e a práctica deportiva...

No hay comentarios:
Publicar un comentario