Datos da asociación

Mi foto
Correo-e: pormaisvida2011@gmail.com Telf: 650 812 030

sábado, 28 de noviembre de 2015

ACTO PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES DO NOSO COLECTIVO 
E OUTRAS NOVAS celebrado o sábado 17 de outubro ás 18:30 horas no CMI Unidade de Fene:

- Presentar en sociedade a nova directiva elixida o pasado 24 de setembro:

 Olalla Sas Cruz como nova presidenta,
 Mª Carmen Rodríguez Fontán como vicepresidenta,
 Pilar Mendoza Rodríguez como tesoreira 
 Mónica Fernández Rodríguez como secretaria,

E fixemos unha pequena homenaxe as personas que deixan a directiva: 
Rosa Graña e Herminia Hermida

Nesta xornada  tamén  celebramos os éxitos acadados nos eventos A Carreira da Muller e 
na Carreira-Andaina solidaria de Asotrame. 
Na primeira celebrada en A Coruña obtivemos tres premios e na segunda celebrada en Narón, conseguimos dous.

Do mesmo xeito procederemos a presentar o libro BENEFICIOS DA EDUCACIÓN FÍSICA CONTRA A FATIGA ONCOLÓXICA escrito polo noso compañeiro José Barcia Tuccelli (profesor do programa de actividade física contra a fatiga oncolóxica que de desenvolve en Fene dende o ano 2008).
 
A programación de actividades previstas para o que resta do ano 2015 e ano 2016 onde destacan obradoiros, charlas e outras actividades lúdicos deportivas onde adiantamos as primeiras  que comezan en novembro:
- Curso de calceta impartido os xoves de 17 a 19 horas
- Clase de pilates os martes e xoves de 10 a 11 horas 
- Tamén repetimos Arte Floral por 4º ano consecutivo polo éxito e as numerosas peticións.

A proveitaremos tamén este acto para ler un manifesto conxunto con outra asociacións galegas de pacentes de cancro, polo día 19 de outubro que é o Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mama.

O broche final será unha actuación musical mentres celebramos a xornada cun pequeno aperitivo.











No hay comentarios:

Publicar un comentario