Datos da asociación

Mi foto
Correo-e: pormaisvida2011@gmail.com Telf: 650 812 030

sábado, 28 de noviembre de 2015









ACTO PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES DO NOSO COLECTIVO 
E OUTRAS NOVAS celebrado o sábado 17 de outubro ás 18:30 horas no CMI Unidade de Fene:

- Presentar en sociedade a nova directiva elixida o pasado 24 de setembro:

 Olalla Sas Cruz como nova presidenta,
 Mª Carmen Rodríguez Fontán como vicepresidenta,
 Pilar Mendoza Rodríguez como tesoreira 
 Mónica Fernández Rodríguez como secretaria,

E fixemos unha pequena homenaxe as personas que deixan a directiva: 
Rosa Graña e Herminia Hermida

Nesta xornada  tamén  celebramos os éxitos acadados nos eventos A Carreira da Muller e 
na Carreira-Andaina solidaria de Asotrame. 
Na primeira celebrada en A Coruña obtivemos tres premios e na segunda celebrada en Narón, conseguimos dous.

Do mesmo xeito procederemos a presentar o libro BENEFICIOS DA EDUCACIÓN FÍSICA CONTRA A FATIGA ONCOLÓXICA escrito polo noso compañeiro José Barcia Tuccelli (profesor do programa de actividade física contra a fatiga oncolóxica que de desenvolve en Fene dende o ano 2008).
 
A programación de actividades previstas para o que resta do ano 2015 e ano 2016 onde destacan obradoiros, charlas e outras actividades lúdicos deportivas onde adiantamos as primeiras  que comezan en novembro:
- Curso de calceta impartido os xoves de 17 a 19 horas
- Clase de pilates os martes e xoves de 10 a 11 horas 
- Tamén repetimos Arte Floral por 4º ano consecutivo polo éxito e as numerosas peticións.

A proveitaremos tamén este acto para ler un manifesto conxunto con outra asociacións galegas de pacentes de cancro, polo día 19 de outubro que é o Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mama.

O broche final será unha actuación musical mentres celebramos a xornada cun pequeno aperitivo.











Participación na I Carreira Solidaria de Asotrame 
o domingo 27 de setembro en Narón





Participamos por 3ª vez na Carreira da Muller 
que tivo lugar o domingo 20 de setembro ás 10 h.na cidade de A Coruña.

POR+VIDA xunto coa A CONCELLARÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE de Fene
organizaron por 2º ano consecutivo a viaxe e a inscripción para participar na 3ª Edición da Carreira da Muller 
Evento de carácter deportivo e lúdico que se celebra para apoiar a loita contra o cancro de mama. 
Podían participar mulleres  a partir de 12 anos de idade.
Se puxeron outra vez 2 buses gratuítos até completar prazas. Esta ano esgotáronse as prazas a comezos de setembro.




Este ano o noso palmares foi o seguinte:
- 1º Premio a Corredora Veterana D (de 75 anos en diante)
- 1º premio como asociación con máis participantes
- 3º premio como asociación con mellor tempo de chegada
Queremos tamén comentar, ante a polémica xurdida este ano, que esto non é unha carreira simplemente, é unha xornada lúdica.
Desexaríamos que a información por parte da organización fose máis detallada como da cantidade de cartos destinados a investigación do cancro de mama que recibe a AECC. Nos últimos tempos se criticou esto e aumentaron o diñeiro para este fin, que aínda é insuficiente. Todas e todos podemos contribuír a mellorar as cousas dende unha reclamación e a crítica constructiva, sen inventar ou deixarnos levar por unha bola que creceu nos últimos días, criticar sen información precisa.
O da cor rosa é por unha cuestión de identidade a una lazo rosa que simboliza a loita contra o cancro, só eso, non é a nosa cor preferida pero é unha cor máis no arco da vella.
O da maquillaxe, dende a nosa experiencia non é só unha cuestión estética senón terapeútica, sobre todo nas enfermas e enfermos de cancro.
O feito de que corran só mulleres pensamos que debería abrirse a todo o público en xeral, a partir dunha idade idónea para participar, pois os homes, cunha porcentaxe máis reducida, tamén padecen cancro de mama.
Da camiseta "regalada" por un imperio textil que coñecemos, debería ser óptima para a carreira, correndo ou andando, transpirable, e que se fixese con man de obra debidamente remunerada e nas mellores condicións de traballo...
E non nos gusta o das revistas....agardamos que en futuras edicións se hai pequenos agasallos sexan relacionados coa saúde e a práctica deportiva...
Participación no CURSO DE VERÁN DA USC E O BALNEARIO DE LUGO 
(do 20 ao 23 xullo 2015):

ONCOLOXÍA INTEGRATIVA. Integrando outras miradas no  proceso de atención a pacentes oncolóxicos. 

Mesa redonda o xoves 23 de xullo de 2015:

NOVOS MODELOS DE PACENTES E USUARIOS: 
Pacente activo e o Pacente experto. Pacentes e consumidores. A importancia das asociacións de usuarios.