A nosa asociación quixo facer unha pequena achega á investigación,
coa vontade de doar á Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e innovación Ramón Domínguez nos Proxectos de Investigación do grupo de Xenética.
Sabemos que sen investigación non hai avance e nestes momentos temos que
concienciar que o noso futuro é e está na investigación. Agardamos sexa un dos piares
na nosa sociedade para parar e poñer remedio ás enfermidades como é o cancro.
E participamos tamén na campaña de achegas-mecenazgo para favorecer o desenvolvemento da Biopsia Líquida do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario