A Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA de Fene participou
no X Congreso de Pacentes de Gepac en Madrid, organizado para pacentes, familiares e profesionais da mediciña. O sitio escollido foi a Escola Técnica Superior de Arquitectura os días 27, 28 e 29 de novembro.
Por+Vida é membro de Gepac dende o ano 2012, e leva asistindo a estas xornadas en varias edicións. Este ano representaron ao noso colectivo Olalla Sas Cruz, a nova presidenta, e Mª Carmen Rodríguez Fontán, a nova vicepresidenta.
Foi un evento declarado de interese sanitario polo Ministerio de Sanidade e a Consellería de Sanidade da comunidade onde se celebra. Tamén estivo avalado por 21 sociedades científicas.
Houbo máis de 80 coloquios de distintos tipos de cancro e aspectos xerais da enfermidade dirixidos a pacentes e a familiares (novas estratexias de soporte nutricional, prevención, ensaios clínicos, novas terapias, avances nos diferentes tipos de cancro, ciruxía reparadora por exemplo no cancro de mama, xenética, o exercicio físico despois do cancro, humanización nos coidados paliativos, biobancos: a importancia das mostras de tumores, benestar do pacente e a intelixencia emocional,...) así como talleres (nutrición como en casa, taller de cuidadores: "traballando dende a resilencia", relaxación, maquillaxe, risoterapia ...) e actividades (debates, visita aos stands das asociacións participantes, empresas colaboradoras,...) .Participaron máis de 100 profesionais neste congreso que aposta por unha visión multidisciplinar. A asistencia ao mesmo foi gratuíta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario