Datos da asociación

Mi foto
Correo-e: pormaisvida2011@gmail.com Telf: 650 812 030

miércoles, 4 de mayo de 2016

A asociación POR+VIDA, que este ano cumpríu 5 anos dende a súa fundación, organiza charlas informativas como ven sendo habitual na primaveira, para achegar a todas as persoas que queiran participar, de diferentes temáticas que teñen que ver coa nosa calidade de vida e prevención de futuras enfermidades, entre elas o cancro. Cada ano intentamos ofrecer distintos aspectos que inflúen no día a dia da xente, dende a alimentación, práctica de actividades físicas axeitadas a cada persona, 
tratamentos e enfoques no tratamento do cancro.

As charlas desenvolvéranse no salón de actos da Casa da Cultura do concello de Fene.
Aproveitar tamén para comentar que continuamos coa nosa actividade física de pilates, dende o pasado mes de novembro,
con gran éxito de asistencia porque creemos que o exercicio físico dun xeito constante e tamén colectivo mellora e incide nas nosas vidas. 

CICLO DE CHARLAS
PRIMAVEIRA SAUDABLE


28/ ABRIL / XOVES_19 horas
Almorzos saudables. A importancia dunha alimentación alcalina no cancro.
ALEJANDRO CABEZAL SÁNCHEZ


06/MAIO / VENRES_19 horas
Transfórmate e vive mellor! Un enfoque positivo fronte ao cambio.
JOSÉ BARCIA TUCCELLI






O 4 de febreiro foi o Día Mundial da Loita contra o Cancro. E nós coma todos os anos, dende a fundación desta asociación no 2011, queremos chamar a atención aproveitando esta data na que os medios e a cidadanía poñen unha especial énfase. Para nós todos os días do ano son de loita contra esta enfermidade onde temos que aprender a vivir coa mesma e concienciar a sociedade pois todas as persoas son vítimas potenciais. E dicimos isto cos datos publicados pola Sociedade España de oncoloxía médica (SEOM) onde nos contan que unha terceira parte da poboación do estado padecerá cancro algunha vez na súa vida, na que agardan un 246.713 novas diagnoses, un 12,6 por cen máis que no 2012. Estas cifras xustifícanse polo aumento do envellecemento na poboación pola exposición de factores medio ambientais e a eficacia das técnicas de diagnose.
Os cancros máis habituales coas cifras do ano 2012 foron os colorrectais (14,98 %) que afectaron a ambos sexos, seguidos do de próstata (12,92 %), pulmón (12,39 %), mama (11,7 %) e vexiga (6,4 %).
Considera o SEOM ao cancro como un problema sanitario de primeira orde pois constitúe un dos principais motivos de ingreso hospitalario e a segunda causa de morte despois das enfermidades do aparato circulatorio.
Nós tomamos as recomendacións médicas e a experiencia para difundir e mellorar a as nosas vidas e as da cidadanía con hábitos saudables (comer sano, non fumar, práctica de actividade física constante adaptada as necesidades e a natureza de cada persoa), realización de probas de control e detección precoz desta enfermidade que poden atallar antes e dun xeito efectivo a enfermidade antes de que chegue a un estado avanzado.
Tampouco imos deixar escapar a oportunidade de volver a lembrar as nosas reivindicacións e peticións urxentes ante o tema sanitario que nos afecta:
  • Políticas de prevención eficaz que inclúan a educación para a saúde.
  • Unha atención integral e multidisciplinar aos enfermos, a dotación dos recursos humanos e materiais suficientes para ser tratados coa dignidade á que temos dereitos como pacientes.
  • A eliminación dos copagos sanitarios e a dispensación dos tratamentos recomendados polos oncólogos sen inxerencias dos cargos político-administrativos.
    Aquí denunciamos as restricións do uso de fármacos oncolóxicos e a falla de transparencia da Administración Sanitaria Galega ao respecto.enormes retrasos con que a Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios aproba o financiamento dos novos fármacos, despois de seren autorizados pola Unión Europea (no caso do TDM1 foi de 600 días, cando a UE recomenda un máximo de 180 días), e os enormes retrasos con que a Comisión de Farmacoterapia de Galicia os reaproba na nosa Comunidade despois de ser autorizados polo Ministerio de Sanidade (aproximadamente 2 anos no uso ampliado da Abiraterona). Isto implica que moitos enfermos galegos morrerán sen poder beneficiarse destes tratamentos.máis envestimentos en investigación;
  • Non esquecemos as nenas e nenos enfermos de cancro que teñen dereito a máis apoio educativo.
    Iniciamos esta semana coa difusión nas redes sociais de imaxes coas nosas mensaxes. Hoxe faremos un reparto de froita no concello de Fene á xente moza onde queremos transmitir os hábitos saudables da comida.
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA de Fene participou  

 no X Congreso de Pacentes de Gepac en Madrid, organizado para pacentes, familiares e profesionais da mediciña. O sitio escollido foi a Escola Técnica Superior de Arquitectura os días 27, 28 e 29 de novembro.
Por+Vida é membro de Gepac dende o ano 2012, e leva asistindo a estas xornadas en varias edicións. Este ano representaron ao noso colectivo Olalla Sas Cruz, a nova presidenta, e Mª Carmen Rodríguez Fontán, a nova vicepresidenta.
Foi un evento declarado de interese sanitario polo Ministerio de Sanidade e a Consellería de Sanidade da comunidade onde se celebra. Tamén estivo avalado por 21 sociedades científicas. 
Houbo máis de 80 coloquios de distintos tipos de cancro e aspectos xerais da enfermidade dirixidos a pacentes e a familiares (novas estratexias de soporte nutricional, prevención, ensaios clínicos, novas terapias, avances nos diferentes tipos de cancro, ciruxía reparadora por exemplo no cancro de mama, xenética, o exercicio físico despois do cancro, humanización nos coidados paliativos, biobancos: a importancia das mostras de tumores, benestar do pacente e a intelixencia emocional,...) así como talleres (nutrición como en casa, taller de cuidadores: "traballando dende a resilencia", relaxación, maquillaxe, risoterapia ...) e actividades (debates, visita aos stands das asociacións participantes, empresas colaboradoras,...) .Participaron máis de 100 profesionais neste congreso que aposta por unha visión multidisciplinar. A asistencia ao mesmo foi gratuíta.

Gepac é o grupo Español de Pacentes con Cancro. É unha organización independente sen ánimo de lucro composta por 44 asociacións de pacentes, 10 membros corporativos e 7 divisións propias: mama, próstata, pulmón, ril, fígado, páncreas, pel e melanoma. Esta alianza ten como propósito compartir recursos e experiencias e ter unha soa voz ante os diferentes axentes sociais e sistemas de saúde. Para máis información remitirse á web http://www.gepac.es/