Datos da asociación

Mi foto
Correo-e: pormaisvida2011@gmail.com Telf: 650 812 030

miércoles, 3 de enero de 2018

Charla - Coloquio TESTAMENTO VITAL E LEI DE MORTE DIGNA


Martes 20 de Xuño, ás 19:00 h - Salón de Actos da Casa da Cultura
CONCELLO DE FENE
A Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, en colaboración coa Asociación Por +Vida organizaron unha charla-coloquio sobre "Testamento Vital e Lei de Morte Digna" impartida por Emilia Irimia, presidenta da Asociación Dereito a Morir Dignamente de Galicia (DMD)
A Concellaría de Benestar Social e Igualdade coa colaboración da Asociación Oncohematolóxica Por +Vida a través da asociación DMD Galicia, invitou a todas as persoas interesadas a participar na charla-coloquio na que se pretendeu informar e promover o dereito de toda persoa a dispoñer con liberdade do seu corpo e da súa vida e a elixir libre e legalmente o momento e os medios para finalizala. Do mesmo xeito, quíxose apoiar a defensa, de xeito especial, do dereito das persoas enfermas terminais e irreversibles a morrer sen sufrimentos, se este é o seu desexo expreso.
No acto, a presidenta galega da DMD, Emilia Irimia, falou da Lei de Morte Digna, do Testamento Vital, de cómo facer para formalizar a nosa vontade de xeito legal, do rexistro galego... e de todo o referente ao tema obxecto da charla. Esta foi informativa e eminentemente participativa, xa que se abríu un espazo para que as persoas asistentes podidesen preguntar e informarse de cuestións máis detalladas ao respecto.
A charla foi impartida de xeito gratuíto pola asociación DMD Galicia que á súa vez entregou ao público asistente material con información detallada do tema abordado.

Andaina 2017

















O percorrido da Andaina, onde contamos coa presenza dunhas 300 persoas, foi semellante a edicións pasadas, polas terras das parroquias de Fene e Perlío, nun percorrido dunha hora de duración, apto para todas as idades. Ao chegar de novo á praza desenvolvéronse as carreiras e xogos para as nenas e nenos de 3 a 6 anos. A continuación contamos coas actuacións das alumnas do Clube Ximnasia Ferrolterra, que están a colleitar premios e recoñecementos a súa labor artística.
Volvemos a pedir a Elisa Piñón Hermida a tarefa de facer o manifesto deste ano onde reivindicamos a labor fundamental da investigación e do traballo das persoas profesionais para descobrer e mellorar a curación do cancro e da necesidade urxente de moita máis aportación económica financiada polos gobernos que moitas veces fan pequenos colectivos, achegas a título individual. Queremos evitar a chamada "fuga de cerebros".

Os cartos recadados nesta xornada irán para  a nena Helena Fernández Grandal, desta comarca.

Houbo sorteo de produtos para a protección da pel frente ao sol agora que comeza a maior exposición exterior no verán.
Tamén anunciamos a participación na Carreira da Muller prevista para o 17 de setembro na cidade de a Coruña para todas as mulleres do concello que queiran anotarse.
Rematamos o acto coa solta de globos, repetíndose en varias das  edicións anteriores.



sábado, 29 de abril de 2017

E hoxe sábado 29 de abril de 2017 participamos tamén, cun posto coa información da asociación, na edición deste ano do tradicional Encontro de Palilleiras e Palilleiros que se celebra desde 1996 en San Valentín-Fene (A Coruña). Agardamos sexa un éxito de público.
É moi importante a información á poboación.
Aquí estamos ao comezo desta xornada.





A nosa asociación quixo facer unha pequena achega á investigación,
coa vontade de doar á Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e innovación Ramón Domínguez nos Proxectos de Investigación do grupo de Xenética.

Sabemos que sen investigación non hai avance e nestes momentos temos que
concienciar que o noso futuro é e está na investigación. Agardamos sexa un dos piares
na nosa sociedade para parar e poñer remedio ás enfermidades como é o cancro.

E participamos tamén na campaña de achegas-mecenazgo para favorecer o desenvolvemento  da Biopsia Líquida do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.


Participamos cun posto na feira de Perlío-Fene, o 11 de decembro de 2016,
cos nosos productos feitos para esas datas por unha causa solidaria.






martes, 1 de noviembre de 2016



2ª Participación na Carreira II de Asotrame en Narón o 25 de setembro de 2016
Exposición fotográfica O cancro márcanos de por vida, en formato foam, na galería Sargadelos de Ferrol a partir do xoves 15 pola tarde ao 29 de setembro de 2016.




A Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea ASOTRAME e a Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA traen a Ferrol a exposición que é idea orixinal de Gepac (grupo español de pacentes de cancro), do que forman parte estas 2 asociacións da comarca, que xa percorreu varios puntos da xeografía do estado dende o 2015, ano no que se presentou esta campaña polo Día Mundial do e da Supervivente de Cancro.
Esta mostra simboliza o antes e o despois que a enfermidade crea na vida das persoas que reciben a diagnose desta enfermidade sendo máis dun millón e medio de persoas no estado español.
Serviu para trasladar á sociedade as necesidades e problemas que afrontan as persoas pacientes despois de rematar o tratamento e amosar as secuelas físicas, psicolóxicas, sociais, laborais, necesidades difíciles de abordar e que en moitas ocasións non están cubertas.
O cancro márcanos de por vida como o fai unha tatuaxe. Quíxose presentar dun xeito atractivo, no senso de que unha vez que chega ao teu corpo non se pode borrar. A "marca" do cancro é para sempre.
Dita exposición está protagonizada por superviventes de cancro que dan testemuña da súas “marcas” de por vida.
A Asociación Oncohematolóxica de Fene POR+VIDA ven de acadar 2 premios na última edición desta carreira na cidade herculina celebrada o domingo 18 de setembro.

POR+ VIDA leva participando catro veces con esta, as mesmas edicións que leva celebrando a carreira na cidade de A Coruña.
Levamos 3 anos de colaboración coa concellaría de Benestar Social e Igualdade de Fene.
Este ano cambiaron o percorrido, duns 6 km aproximadamente, con saída e chegada á meta aos pés do estadio de Riazor, na avda. Bos Aires.
O total de participantes con ista asociación foi de 155 mulleres.

Os premios son os seguintes:
- Primeiro premio como asociación con máis participantes que chegasen á meta.
- Segundo premio como asociación con mellor tempo de chegada.



jueves, 11 de agosto de 2016



ANDAINA 7 POLO 8º ANIVERSARIO DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN FÍSICA CONTRA A FATIGA ONCOLÓXICA

o domingo 12 de xuño de 2016













O domingo 12 de xuño de 2016 tivo lugar a Andaina da asociación POR+VIDA na praza o concello de Fene en horario de mañá.

A mestra de cerimonias foi a xornalista María Xesús Arias, de Radio Fene.

Unhas 300 persoas participaron na Andaina, cun percorrido estimado nunha hora, onde tamén se sumaron nenas e nenos que logo participaron nas carreiras infantis. Dende a asociación se intenta ofrecer actividades para toda a familia.

Despois poidemos disfrutar dunha pequena exhibición do Club Ximnasia Ferrolterra, pero por problemas coa choiva fixo perigar esta actuación.

A continuación o manifesto deste ano, onde se intenta dar diferentes puntos da vista da enfermidade do cancro para intentar chegar e concienciar a un número maior de persoas, o fixo unha persoa moi vencellada a esta asociación Elisa Piñón Hermida.

Rematamos coa entrega simbólica do talón donativo, que por motivos personais non puideron asistir a recollelo, que se destina sempre a nenas ou nenos enfermos de cancro preferentemente. Este ano por cuestión de urxencia social llo donamos ao neno Adrián Salazar Bonome, veciño desta comarca.

Como broche final procedeuse ao sorteo de productos de farmacia que se doaron para esta xornada por medio dun sorteo entre os asistentes.

miércoles, 4 de mayo de 2016

A asociación POR+VIDA, que este ano cumpríu 5 anos dende a súa fundación, organiza charlas informativas como ven sendo habitual na primaveira, para achegar a todas as persoas que queiran participar, de diferentes temáticas que teñen que ver coa nosa calidade de vida e prevención de futuras enfermidades, entre elas o cancro. Cada ano intentamos ofrecer distintos aspectos que inflúen no día a dia da xente, dende a alimentación, práctica de actividades físicas axeitadas a cada persona, 
tratamentos e enfoques no tratamento do cancro.

As charlas desenvolvéranse no salón de actos da Casa da Cultura do concello de Fene.
Aproveitar tamén para comentar que continuamos coa nosa actividade física de pilates, dende o pasado mes de novembro,
con gran éxito de asistencia porque creemos que o exercicio físico dun xeito constante e tamén colectivo mellora e incide nas nosas vidas. 

CICLO DE CHARLAS
PRIMAVEIRA SAUDABLE


28/ ABRIL / XOVES_19 horas
Almorzos saudables. A importancia dunha alimentación alcalina no cancro.
ALEJANDRO CABEZAL SÁNCHEZ


06/MAIO / VENRES_19 horas
Transfórmate e vive mellor! Un enfoque positivo fronte ao cambio.
JOSÉ BARCIA TUCCELLI






O 4 de febreiro foi o Día Mundial da Loita contra o Cancro. E nós coma todos os anos, dende a fundación desta asociación no 2011, queremos chamar a atención aproveitando esta data na que os medios e a cidadanía poñen unha especial énfase. Para nós todos os días do ano son de loita contra esta enfermidade onde temos que aprender a vivir coa mesma e concienciar a sociedade pois todas as persoas son vítimas potenciais. E dicimos isto cos datos publicados pola Sociedade España de oncoloxía médica (SEOM) onde nos contan que unha terceira parte da poboación do estado padecerá cancro algunha vez na súa vida, na que agardan un 246.713 novas diagnoses, un 12,6 por cen máis que no 2012. Estas cifras xustifícanse polo aumento do envellecemento na poboación pola exposición de factores medio ambientais e a eficacia das técnicas de diagnose.
Os cancros máis habituales coas cifras do ano 2012 foron os colorrectais (14,98 %) que afectaron a ambos sexos, seguidos do de próstata (12,92 %), pulmón (12,39 %), mama (11,7 %) e vexiga (6,4 %).
Considera o SEOM ao cancro como un problema sanitario de primeira orde pois constitúe un dos principais motivos de ingreso hospitalario e a segunda causa de morte despois das enfermidades do aparato circulatorio.
Nós tomamos as recomendacións médicas e a experiencia para difundir e mellorar a as nosas vidas e as da cidadanía con hábitos saudables (comer sano, non fumar, práctica de actividade física constante adaptada as necesidades e a natureza de cada persoa), realización de probas de control e detección precoz desta enfermidade que poden atallar antes e dun xeito efectivo a enfermidade antes de que chegue a un estado avanzado.
Tampouco imos deixar escapar a oportunidade de volver a lembrar as nosas reivindicacións e peticións urxentes ante o tema sanitario que nos afecta:
  • Políticas de prevención eficaz que inclúan a educación para a saúde.
  • Unha atención integral e multidisciplinar aos enfermos, a dotación dos recursos humanos e materiais suficientes para ser tratados coa dignidade á que temos dereitos como pacientes.
  • A eliminación dos copagos sanitarios e a dispensación dos tratamentos recomendados polos oncólogos sen inxerencias dos cargos político-administrativos.
    Aquí denunciamos as restricións do uso de fármacos oncolóxicos e a falla de transparencia da Administración Sanitaria Galega ao respecto.enormes retrasos con que a Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios aproba o financiamento dos novos fármacos, despois de seren autorizados pola Unión Europea (no caso do TDM1 foi de 600 días, cando a UE recomenda un máximo de 180 días), e os enormes retrasos con que a Comisión de Farmacoterapia de Galicia os reaproba na nosa Comunidade despois de ser autorizados polo Ministerio de Sanidade (aproximadamente 2 anos no uso ampliado da Abiraterona). Isto implica que moitos enfermos galegos morrerán sen poder beneficiarse destes tratamentos.máis envestimentos en investigación;
  • Non esquecemos as nenas e nenos enfermos de cancro que teñen dereito a máis apoio educativo.
    Iniciamos esta semana coa difusión nas redes sociais de imaxes coas nosas mensaxes. Hoxe faremos un reparto de froita no concello de Fene á xente moza onde queremos transmitir os hábitos saudables da comida.