Campaña para animar ás mulleres do noso concello a participar na Carreira da Muller na Coruña o domingo 21 de setembro.
Datos da asociación
martes, 12 de agosto de 2014
ANDAINA 6º ANIVERSARIO o domingo 1 de xuño de 2014do programa de fatiga oncolóxica do concello de Fene.
Dita xornada terá lugar na praza do concello de Fene.
Con esta actividade pretendemos os seguintes obxectivos:- Pretendemos diminuir o impacto causado pola enfermidade e mellorar a calidade de vida das persoas afectadas.- Promover un afrontamento activo a través do exercicio físico.- Promover a participación ciudadá para unha maior sensibilización antea enfermidade, a súa prevención.- Colaborar económicamente con afectados pola enfermidade, este ano serán doados ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (aos nenos e nenas afectados/as con enfermidades oncohematolóxicas). E tamén pola venta das manualidades para o desenvolvemento de actividades desta asociación.
- Servir de apoio a persoas que pasen pola mesma situación.
Desenvolvemento da actividade:
A actividade desenvolverase na praza do concello nun horario de 10:30 a 14:30 horas. En caso de choiva, tendo xa a previsión metereolóxica moi clara, iremos parao pavillón de San Valentín, adaptando as circunstancias as actividades propostas.
O percorrido da andaina soe ser dunha hora máximo, xa calculado o tempo a un ritmo evitando o cansanzo e será no propio concello. Contaremos cos medios de protección ante calquera incidencia que puidera xurdir. (Protección Civil e Policía Local do Concello de Fene).
A continuación detallamos o horario previsto para as diferentes propostas:
1. 10:00 a 10:30: Recollida de dorsais e benvida
2. 10:30 a 11:30: Andaina cun percorrido doado dunha hora
3. 11:30 a 12:00: Carreira infantil e entrega de premios
4. 12:00 a 12:30 Exhibición da escola de danza de Fene (Fusion Dance)
5. 12:30 a 12:45: Lectura do manifesto e entrega simbólica do donativo deste ano
6. 12:45 en diante: Fin de Festa con La Guagua
1. Recollida de dorsais: sobre ás 10:00 horas e coa chegada dosparticipantes, familias e escolares… farase entrega de dorsais quenos axudarán a un mellor reconto dos participantes e valoración daparticipación na actividade
2. Benvida e inicio da actividade: arredor das 10:30 h a presidenta daAsociación Por + Vida dará a benvida ás e aos asistentes convidandoa participar na marcha encabezando a saída da mesma.Contarase con Protección Civil e Policía Local.
3. Carreiras infantís: varios/as monitores/as e voluntarios/as guiarán as carreiras infantís na praza do Concello (previa inscripción antes do venres 30 de maio)
A carreira consistirá un recorrido duns 50 metros e cuns 8 participantespor turno (agruparanse os nenos/as segundo a súa idade de 3 a 6 anos inclusive). No momento da chegada entregaráselles a cada un dos participantes un agasallo.
4. Este ano agardamos contar coa participación da escola de danza de Fene (Fusion Dance) para facer unha exhibición sobre ás 12 horas.
5. Sobre as 12:30 horas farase a lectura dun manifesto e a entregasimbólica do doativo segundo o recadado coas rifas, e os doativos dese día irán destinados ao mantemento da asociación, actividades etc...
6. Como peche deste andaina convidarase a todo o público a disfrutardun fin de Festa co grupo La Guagua.
Durante toda esa xornada na praza do concello houbo varios stands de outras asociacións onde se deu información de cada unha delas. Tamén se contou cun stand da propia asociación onde se expuxeron as manualidades elaboradas nos obradoiros.
Ofrecemos no mes de maio, o mércores 7 a partir das 17 horas en diante, un curso dunha única xornada sobre estética impartida polo perruqueiro José Bañobre nas instalacións de Servizos Sociais do concello fenés, ubicadas en San Valentín na avda. do Mar bloque I baixo, onde estivo a antigo Centro de Saúde.
Charla organizada pola nosa asociación que tivo lugarr o venres 25 de abril no salón de actos da Casa da Cultura de Fene ás 18 horas co título de
ESTRATEXIAS DE PREVENCIÓN DO CANCRO COLORRECTAL a cargo de D. Javier Castro Alvariño, gastroenterólogo e xefe de Aparato Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, Presidente do Grupo de investigación EIGA (Grupo Galego da Enfermedade Inflamatoria Intestinal), Membro activo da Rede Galega de Investigación do Cancro Colorrectal (REGICC) e Membro numerario da Sociedade Española de Patoloxía Dixestiva.

martes, 22 de abril de 2014
Xunto a servizos Sociais do Concello de Fene que organiza unhas charlas co título
de FALADORIOS DE SAÚDE+VIDA, nós colaboramos na charla do venres 25 de abril.
Contaremos co D. Javier Castro Alvariño e a súa conferencia leva por título
Extratexías de prevención do cancro colorrectal
no salón de actos da Casa da Cultura de Fene ás 18 horas
Fomentar a actividade física, sempre dentro das posibilidades de cada un ou unha, é un dos nosos idearios como asociación. Apúntamonos en canto o soubemos na Carreira da Muller na cidade de A Coruña
o 22 de setembro de 2013. Agardamos repetir se volven por aquí! Iremos entrenando para mellorar a nosa participación, sempre espíritu deportivo!
o 22 de setembro de 2013. Agardamos repetir se volven por aquí! Iremos entrenando para mellorar a nosa participación, sempre espíritu deportivo!
A experiencia foi moi boa e sempre que podemos soemos colaborar co balneario de Guitiriz nos seus cursos, sempre moi interesantes, e no mesmo verán repetimos no curso innovador de“Asesoría e procesos da imaxe personal nos cuidados especiais de pacentes
oncolóxicos” dirixido a formadores de centros profesionales de estética e perruquería,
do 9 ao 12 de setembro de 2013.
Participando o xoves día 12 na mesa redonda ¿Que esperan as asociacións profesionais de pacentes dos profesionais da imaxe persoal?. Herminia Hermida Freire foi a nosa voz.
Parece mentira pero aínda non haxa moita información por non dicir nada!

Participamos no Curso da Universidade de Santiago, do 15 ao 17 de xullo de 2013, sobre
“O cancro e as súas causas: sustancias tóxicas no medioambiente doméstico
e os estilos de vida como factores de risco emerxente”.
Participamos na mesa redonda do día 17 pola mañana para falar
da Asociación xunto a otros colectivos de pacentes.
A vicepresidenta Herminia Hermida Freire falou en nome da nosa asociación.

miércoles, 12 de junio de 2013
Andaina do 5º aniversario
O próximo domingo 16 de xuño celebraremos a andaina conmemorativa do 5º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica no concello de Fene.
Animádevos a participar!!
lunes, 28 de mayo de 2012
Andaina do 4º aniversario
O vindeiro domingo 17 de xuño celebraremos a xa tradicional Andaina polo concello de Fene. Será unha magnífica oportunidade de compartir unha xornada de convivencia, así como amosar as ventaxes de levar unha vida sana, co exercicio como ferramenta de mellora da calidade de vida.
Ademais, poderemos colaborar cos nenos doentes de cancro, para que reciban unha mellor atención.
Ademais, poderemos colaborar cos nenos doentes de cancro, para que reciban unha mellor atención.
VEN ANDAR CON NÓS. POR TI, POR ELES. AGARDÁMOSTE!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)