Datos da asociación

Mi foto
Correo-e: pormaisvida2011@gmail.com Telf: 650 812 030

miércoles, 6 de julio de 2022

 ANDAINA 2022 e CEA SOLIDARIA

Neste 2022 a asociación POR+VIDA volveu a retomar a celebración da Andaina despois
de 2 anos de pandemia para o sábado 18 de xuño en horario de tarde.
Celebrouse o
 14º aniversario do comezo do Programa de educación física contra a fatiga oncolóxica no concello de Fene, que foi o inicio desta asociación. Por ese motivo quíxose facer unha edición moi especial.
O emprazamento foi como todos os anos anteriores na praza do Alcalde Ramón Souto González (xunto ao consistorio fenés) a partir das 17.30 horas que foi cando se comezaron a repartir os dorsais da xente participante e houbo un detalle/agasallo para quen se achegou a esta andaina (protector solar Ladival doazón de Stada). Despois de 18 a 19 horas fíxose a andaina, polas parroquias de Fene e Perlío para regrasar outra vez á praza. Na última parte leuse o manifesto dunha persoa enferma oncolóxica, este ano correu a cargo de Mónica Fernández Rodríguez (como enferma de cancro de mama no 2021 e secretaria desta asociación) como en todas as edicións, e rematouse cunha actuación musical sorpresa polo grupo Los Tabernícolas.
Este ano quíxose dar un toque diferente e haberá despois da andaina unha cea baile solidaria a partir das 22 horas no CMI Unidade de Fene. A música correu a cargo do dúo Humberto e Cuco.
O recadado foi a beneficio do Programa de atención socio-cultural infantil hospitalaria de ASANOG (Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia) no CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago). Estivo presente unha membro desta asociación Merce nesta xornada especial.
Fixéronse sorteos de varios premios tanto na cea baile solidaria como na andaina co mesmo fin, doados por diferentes negocios do concello de Fene e de Narón. Houbo máis de 120 persoas anotadas para a cea que foi unha churrascada.






CHARLA

Como convivir co cancro de próstata?

Ponente: Carme García Lorenzo

(Oncóloga médica no CHUF – Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol)


Día: xoves 5 de maio de 2022

Hora: ás 17.30 horas

Lugar: Salón de actos da Casa da Cultura de Fene

O cancro de próstata é o de maior taxa na poboación masculiña. Segundo os datos

aportados por SEOM (Sociedade Española de Oncoloxía Médica)

o cancro de próstata ten para este ano 2022 unha estimación de 30.884 novos casos nos

homes. Dito aumento vai parello ao aumento poblacional e ao seu envellecemento,

exposición a factores de risco (como o tabaco, o alcohol, a contaminación, a obesidade, o

sedentarismo entre outros moitos) ,... e nalgúns casos como o colorrectal e os de mama,

cérvix ou próstata o aumento da detección precoz. De feito se os programas de detección

precoz son axeitados, primeiro conducen a un aumento do número de casos incidentes

(invasivos) pero posteriormente a unha diminución dos casos invasivos (maior diagnose

de carcinomas in situ) e tamén a unha reducción da mortalidade. Debido á combinación

destes factores, pódese dar o caso de que a pesar de que a exposición a factores de risco

non varíe ao longo do tempo, o número absoluto de casos aumente debido a outros

factores (aumento poblacional e envellecemento).




miércoles, 2 de marzo de 2022

 Charla:

“Mediciña personalizada e de precisión: Unha revolución en Mediciña”

venres 28 de xaneiro ás 17.30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Fene


a cargo de Ángel Carracedo Álvarez

Catedrático de Mediciña Legal da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Director da Fundación Pública Galega de Mediciña Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia).