Martes 17 de marzo:
Hoxe martes rematamos o ciclo destas charlas e tocoulle o turno a Javier Castro Alvariño,
gastroenterólogo e xefe do aparato dixestivo do CHUF,
co tema ESTRATEXIAS DE PREVENCIÓN DO CANCRO COLORRECTAL.
gastroenterólogo e xefe do aparato dixestivo do CHUF,
co tema ESTRATEXIAS DE PREVENCIÓN DO CANCRO COLORRECTAL.
Tivemos a sorte de volver a contar con este profesional por segundo ano consecutivo, polo interese do tema e pola campaña de prevención desta enfermidade que se está lavando a cabo neste concello e na maioría da área sanitaria de Ferrol.
Tamén contamos coa presenza do médico Francisco Malvar representando ao Centro de Saúde de Fene.
Na charla falouse de que é o cancro de colón, dos síntomas, como se vai desenvolvendo, medidas para previr como a alimentación e evitar malos hábitos, ...do plan que se está levando a cabo coas probas de cribado de colón nunhas idades determinadas, de 50-70 anos,
que outro tipo de probas e en que consisten dependendo do resultado da primeira, de elevada estatística de curación. Destacouse a gran participación da xente da comarca, pero aínda deben subir máis estes índices, animando a todas as persoas a participar se reciben esa carta pois é moi sinxela.