POR+VIDA participou por segunda vez na Carreira da Muller de A Coruña celebrada o domingo 21 de setembro. E tamén este ano a nosa equipaxe trae máis peso polos 2 premios gañados, o primeiro posto por ser a asociación con máis participantes (un total de 136 mulleres) e tamén o 2º premio pola segunda mellor clasificación por asociaicóns nos tempos da carreira e chegada á meta
Nesta edición o percorrido da carreira mudou e pasou a celebrarse na zona do Parrote cara as proximidades da Torre de Hércules, tendo a saída e a meta o mesmo emprazamento.