Datos da asociación

Mi foto
Correo-e: pormaisvida2011@gmail.com Telf: 650 812 030

miércoles, 24 de diciembre de 2014

MERCADO BENÉFICO I Domingo 21 de decembro de 2014

POR+VIDA xunto don Asotrame e o concello de Fene organizaron
o domingo 21 de decembro Mercado Benéfico I, de 11 a 20 horas, 
na praza do concello de Fene baixo unha carpa climatizada
para recadar cartos con fíns solidarios.




















Colaboran as seguintes asociacións deste concello: A.V. de Sillobre, A.VV. Samacro de Sillobre, C.C.R.D. de Perlío, a Liga de amigos de Barallobre e a A.VV San Xurxo de Magalofes.
Tamén tivemos 25 postos solidarios. 
Houbo diferentes actividades e outras ofertas nesta xornada como:
taller de papiroflexia (con Antón Cortizas), a colaboración do Taller Psicopedagóxico,
Photocall, DJ´S, photocall, a actuación do grupo Os Berros do Castro e tivemos como presentador durante o sorteo de agasallos a Dani Ríos. 
Os máis pequenos da casa tiveron tamén hinchables pola mañá. 
Se ofreceu tamén chocolate con churros xunto aos prodcutos elaborados polas asociacións colaboradoras como freixós, bolos preñados, tartas, galletas, etc

lunes, 8 de diciembre de 2014

E tamén ofertamos o taller de arte florapor terceiro ano consecutivo, 
debido ao éxito e gran demanda que ten, 
impartidos por  unha profesional deste sector.
Terá duración dun mes aproximado dende o venres día 21 de novembro (2 grupos despois).





















A Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA ofrece este outono dous obradoiros, como xa ven sendo habitual nestas datas, 
o primeiro de aprender os diferentes usos e manexo do teléfono móvil de última xeración como facer fotos e descargar no ordenador.
O comezo tivo lugar o martes 18 de novembro en horario de 17 a 19 horas 
no local da asociación.

Tamén participamos. por segundo ano consecutivo na II Carreira do Cancro, Corre por Ferrol organizada pola AECC de Ferrol o domingo 9 de novembro de 2014.


jueves, 23 de octubre de 2014

O sábado 18 de outubro ás 18.30 horas no CMI de Fene tivo lugar o acto-presentación das vindeiras actividades deste colectivo.
E tamén aproveitamos para celebrar o éxito acadado no evento A Carreira da Muller celebrado o 21 de setembro pasado, onde gañamos 2 premios sendo a asociación con máis participantes e tamén a segunda asociaicón con mellor tempo de carreira.
O broche final deste acto foi a actuación musical  de PARRANDA LA NUESTRA.

A programación de actividades previstas para o que resta do ano 2014 e ano 2015 sería a seguinte todavia están sen determinar as datas:

OBRADOIROS:
  • Floristería (volveremos a ofrecelo debido a grande aceptación dos anos anteriores)
  • Cociña (sen determinar a especialidade)
  • Manexo do teléfono móvil referente a facer fotos e descargar no ordenador
  • Manualidades (sen determinar)
CHARLAS:
  • Nutrición
  • Práctica do deporte










OUTRAS ACTIVIDADES:

  • Visita guiada ao Museo do Humor de Fene coincidindo co 30 aniversario da súa inauguración
  • Excursións culturais e deportivas (incentivando caminatas, convivencia...)
  • Visitas a compalxos relacionados coa saúde (spa, balneario...)

martes, 30 de septiembre de 2014




POR+VIDA  participou por segunda vez na Carreira da Muller de A Coruña celebrada o domingo 21 de setembro. E tamén este ano a nosa equipaxe trae máis peso  polos 2 premios gañados, o primeiro posto por ser a asociación con máis participantes (un total de 136 mulleres) e tamén o 2º premio pola segunda mellor clasificación por asociaicóns nos tempos da carreira e chegada á meta








.
Nesta edición o percorrido da carreira mudou e pasou a celebrarse na zona do Parrote cara as proximidades da Torre de Hércules, tendo a saída e a meta o mesmo emprazamento.